Clases maxistrais / Conferencias Actividades Formativas
A Sociedade Filarmónica da Coruña realizará unha serie de masterclases, actividades formativas e conferencias durante a presente tempada 22/23, todas elas cun claro afán divulgativo e de achegar a música clásica tanto a novos públicos como ampliar a formación de mozos músicos galegos.
Despois do éxito das masterclases realizadas a pasada primavera, os nosos artistas volverán realizar sesións didácticas para os mozos músicos que se forman nos dous conservatorios da nosa cidade, o Conservatorio Superior e o Conservatorio Profesional. Todas estas actividades son gratuítas para os participantes e serán abertas ao público xeral atendendo aos aforos das salas onde se realicen.
Realizaremos tamén unha serie de charlas con grades personalidades da música clásica actual, tanto artistas como promotores, programadores e xornalistas que compartirán a súa experiencia con todos os nosos socios.
Máis información... proximamente!